Unha leira do Valadouro sofre un incendio tras arder primeiro un tractor

Un pequeno tractor foi a orixe dun incendio nunha leira do Coto, situada na parroquia de Vilacampa, dentro do concello do Valadouro. Os feitos tiveron lugar sobre as 10.30 horas, cando o propietario da leira realizaba traballos de campo no seu tractor, que de súpeto viu como empezaba a botar fume. O afectado dirixiu o vehículo xunto á súa casa para intentar sufocar o lume, pero ao ver que se estendía chamou aos servizos de urxencia.

Ata o lugar desprazouse unha unidade do corpo de bombeiros de Barreiros, que rapidamente apagou o lume que xa se estendeu por parte da leira. Por fortuna non houbo que lamentar máis danos que os do tractor.

Accidente

En Foz, ás 11.30 horas, houbo unha colisión entre dous vehículos na antiga N-634, en dirección Burela, que se saldou sen feridos. Os dous vehículos viaxaban no mesmo sentido e a colisión que se produciu cando o primeiro deles fixo un cambio de dirección.

Comentarios