Unha empresa organiza estancias completas en Ribadeo por internet

Unha empresa creada por dous ribadenses ofrece por internet estancias completas en Ribadeo organizadas de tal forma que se cobre o arco completo da viaxe, desde hoteis e restaurantes ata actividades complementarias para practicar durante a estancia no municipio como deportes náuticos, competicións de karts e paintball ou paseos dacabalo.

A empresa denomínase aribadeo.com e a súa inauguración é o domingo nun evento coordinado coa comisión de festas de Ribadeo baixo a denominación de Festival de Primavera 2011 e que inclúe a elaboración dunha paella xigante pensada para máis de mil persoas.

Para iso, desde 18:00 horas do domingo amenizaranse as rúas coa charanga A Choca e a partir das 19:00 horas, no aparcadoiro municipal empezarase a preparar a paella, que será gratuíta.

Durante a tarde poranse á venda camisetas co logo ‘I love Ribadeo' das que elaboraron 1.200 unidades por un módico prezo, coas cales se poderá entrar no sorteo de varias noites de hotel, ceas en diferentes restaurantes da vila ribadense e outros agasallos. Así mesmo, por vestir a camiseta ese día, obterase un desconto de 1 euro nas consumicións dentro do recinto do evento. Ademais diso obteranse descontos dun euro nos pubs que colaboran nesta iniciativa.

Para pechar esta xornada festiva está prevista a celebración dunha verbena que estará amenizada pola coñecida orquestra Panorama.

Os promotores da iniciativa, tanto desde a empresa como desde a comisión de festas, animan a todos os ribadenses a participar para colaborar coa comisión de festas, que se atopa traballando de face á confección do programa.

Comentarios