Unha discusión polo cableado acaba en pelexa nunha festa en Guitiriz

A verbena do venres das festas da Ascensión da parroquia de San Salvador, en Guitiriz, contou cun espectáculo inesperado cando membros da orquestra, parte do público e incluso da comisión acabaron encerellados nunha pelexa.

Ao parecer, un mozo aparcou o seu coche no campo da festa, baixo a carpa, co suposto propósito de pór música no descanso da orquestra. Ao facelo, pisou o cableado do equipo de son, razón pola que lle chamaron a atención e indicáronlle que retirase o vehículo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios