Unha detida en Carballedo por conducir sen sacar nunca o carné

Os axentes da Garda Civil detiveron a unha veciña de Carballedo, de 36 anos de idade, por conducir un vehículo sen presentar o pertinente permiso nin habelo obtido nunca.

Os feitos producíronse o pasado martes na estrada provincial LU-P-1001, no termo municipal de Carballedo, cando os axentes lle deron o alto á condutora dun turismo. Cando lle preguntaron se lles podía presentar o carné a muller respondeu que non o tiña e tras unha consulta os axentes ratificaron que nunca llo sacou. Ante esta situación a muller foi detida como suposta autora dun delito contra a seguridade viaria.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios