Unha comarca para comela

Festa da Faba, en Lourenzá.
photo_camera Festa da Faba, en Lourenzá.

LOS TURISTAS que visitan case calquera localidade da comarca, cando se marchan, adoitan marcar entre as súas preferencias da zona unha moi clara: a gastronomía.

Co paso dos anos, a práctica totalidade dos municipios mariñáns foron desenvolvendo unha oferta o suficientemente variada como para ser recordada unha vez que os visitantes se van.

Dese modo, a oferta gastronómica foi evolucionando desde a comida máis tradicional que reinaba hai uns anos ata pratos moito máis elaborados que se fan na actualidade, aínda que xeralmente cun distintivo común: a utilización de produtos autóctonos para elaborar pratos tradicionais que se reinterpretan.

Pero aínda hai outra vertente máis, que é a de utilizar eses mesmos pratos tradicionais para sacar adiante festas gastronómicas, normalmente aproveitando o tempo estival, e que están a atopar unha resposta do público asombrosa.

A Festa da Pescada de Celeiro, a propia Festa do Marisco que organiza este diario, a Festa do Percebe en Rinlo; acaba de celebrarse en Foz a Festa do Berberecho, e hai outras moitas como a Festa do Ourizo de San Cibrao, a Festa da Troita da Pontenova, a Festa da Tortilla de Celeiro de Mariñaos, a do Ovo Fritido en Cervo ou a Festa da Faba en Lourenzá.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios