Unha colisión entre cinco vehículos sáldase con catro persoas feridas en Mos

Os afectados sufriron danos leves e están fóra de perigo

Catro persoas resultaron feridas nunha colisión múltiple en Mos (Pontevedra) este venres. Todas elas de carácter leve, foron atendidas no lugar do accidente polos servizos sanitarios, segundo informa o 112.

No choque víronse implicados cinco vehículos, na A-55, concretamente no punto quilométrico 11. O 112 recibiu a alerta dun particular ás 15.20 horas. Enseguida, pasou o aviso ao 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Baixo Miño e ao servizo municipal de urxencias.

Tras retirar os vehículos implicados cun guindastre e limpar a calzada, restableceuse a circulación. 

Comentarios