Unha alumna do colexio da Mercé, finalista nun concurso sobre o Rei

Naila González Rodríguez, con su ‘kamishibai’. (Foto: Vila)
photo_camera Naila González Rodríguez, con su ‘kamishibai’. (Foto: Vila)

Unha alumna de cuarto de primaria do colexio da Mercé de Sarria, Naila María González Rodríguez, é unha das finalistas provinciais do concurso ¿Que é un Rei para ti?, o que lle dará dereito a pasar á fase autonómica e, en caso de resultar elixida, participar nunha audiencia co monarca na Zarzuela.

A nena, de 9 anos de idade, resultou elixida por un orixinal traballo baseado no teatro de papel xaponés coñecido como ‘kamishibai'. A alumna deseñou o seu propio escenario -en representación do palacio- sobre o cal van pasando láminas que contan unha historia. «O Rei aparece coma se fora o noso Sol, porque o Sol ilumina a terra e o Rei representa a todos os españois», explica a autora.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios