Unha accidentada salva a vida tras mergullar oito metros, escalar un bancal e correr 5 quilómetros

El lugar donde se produjo el accidente (Foto: EP)
photo_camera El lugar donde se produjo el accidente (Foto: EP)

Unha muller de 33 anos, veciña de Monforte e ex deportista de elite, salvou milagrosamente a vida logo de precipitarse co seu coche á cola do encoro dos Peares, a uns dous quilómetros de distancia da localidade de Belesar. A moza foi capaz de manter o sangue frío suficiente para, mentres se afundía dentro do turismo, abrir unha das portas, mergullar uns oito metros ata a superficie e trepar pola pendente que separa a estrada, o corredor fluvial da Cova, do río e chegar á calzada.

Aí non acabou o seu arroxo, xa que á hora na que se produciu o accidente, ao redor das catro da noite do pasado día 28 de decembro, a muller, que pediu encarecidamente que non fose facilitada a súa identidade, deuse conta de que empapada e coa temperatura ambiental baixo cero podería sufrir unha hipotermia. A decisión que tomou foi botarse a correr ata que, outra vez, milagrosamente, uns amigos atopárona a cinco quilómetros de Belesar.

 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios