Dez anos cunha prórroga

Un xuíz obriga a Capsa a retomar o contrato coa quesería Casa Macán

A firma asturiana terá que volver facer queixos na factoría de Taboada, a pesar de romper o compromiso de forma unilateral en 2016

O xulgado do mercantil número dous de Lugo ditou unha providencia (unha medida cautelar á espera da sentenza definitiva) pola que obriga a Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa), a filial industrial de Central Leiteira Asturiana (Clas), a cumprir o contrato que asinara coa empresa Casa Macán para a elaboración de queixos, nas súas instalacións de Taboada.

O conflito remóntase a marzo de 2016 cando ambas as compañías rubricaron un acordo para que na quesería de Taboada, que controla Casa Macán, fabricase algúns dos produtos que ata entón viñan facendo na planta de Larsa (marca de Capsa) de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En concreto, elaboraríanse en Taboada produtos como os queixos de teto, o San Simón da Costa, un queixo de bóla, un tipo de queixo do país e un baby.

Casa Macán expúxose o proxecto con carácter estable e segundo explica o seu xerente, Eladio Rigueira, realizouse un investimento de tres millóns para adaptar as súas instalacións á nova produción.

Casa Macán asegura que a ruptura da relación comercial levoulle a un concurso de acredores en xuño deste ano


RUPTURA. A relación comercial entre as empresas complicouse a finais de 2016 s. Dun lado, Capsa tivo problemas co persoal de Larsa en Vilagarcía, que rexeitou de xeito unilateral deixar escapar a produción das variedades de queixo mencionadas.

Ademais, Capsa asegura que o proxecto con Macán era de carácter colaborativo, sometido a determinadas cuestións de calidade que Casa Macán non superou, e sen carácter indefinido. Todo iso terminou coa ruptura do contrato de produción por parte de Capsa en decembro de 2016.

Como consecuencia da fractura, Rigueira apunta que Casa Macán tivo que presentar un preconcurso en marzo de 2017 e un concurso de acredores dous meses despois. Ademais, dúas cooperativas lucenses provedoras de leite a Casa Macán quedaron nunha situación moi comprometida debido á falta de pagos.

En canto á cuestión relacionada coa calidade, Macán defende que a fábrica é competitiva e que o problema foi o conflito xerado.

A RESOLUCIÓN. Na providencia, a xuíza obriga a Capsa a que "de inmediato proceda ao cumprimento das súas obrigacións contracturales asumidas coa concursada Lácteos Casa Macán SL, en virtude do contrato subscrito o 1 de marzo de 2016". Ademais, advírtelle de que se verificará a relación contractual no prazo de dez días logo da notificación da providencia.

Comentarios