Un voluntario de Protección Civil das Pontes sofre un accidente de tráfico nun operativo

O sinistro produciuse durante a celebración dunha carreira BTT. O ocupante do vehículo resultou ileso

Un accidente cun vehículo de Protección Civil ocorrido este domingo nas Pontes sáldase unicamente con danos materiais. O voluntario que viaxaba no interior do coche resultou ileso, segundo informou o 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar durante a celebración no concello dunha carreira BTT. Foron os propios membros de Protección Civil os que informaron do ocorrido á central de urxencias de Galicia ao mediodía, cando finalizaron a súa intervención no operativo.

Comentarios