Unha viaxe a través dos fíos do pasado

Un grupo de alumnos del colegio Santa María, en la exposición. ARIAS
photo_camera Un grupo de alumnos del colegio Santa María, en la exposición. ARIAS

Nunha máquina do tempo, movendo os fíos, máis de 250 alumnos e alumnas dos catro centros escolares das Pontes protagonizaron onte unha viaxe ao pasado recente, á época das súas avoas e as súas bisavoas, a través dunha exposición dos traballos do liño promovida pola asociación de mulleres vilalbesas de San Bartolomeu de Insua.

Os menores da Fraga, Monte Caxado, Santa María e A Madalena deixaron onte as aulas para trasladarse á sala de exposicións do Mercado Vello, e de alí ao pasado.

á súa chegada, cada grupo de escolares, que xa traballaran con unidades didácticas a temática da exposición, recibiu unha explicación coa proxección dun vídeo sobre o liño verde, desde o momento do seu sementa e o seu crecemento ata o proceso necesario para sacar o fío co que logo decenas de mulleres de varias xeracións teceron durante anos mantas, roupa e todo tipo de complementos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios