Un veciño do Incio reclama 440.000 euros tras quedar en cadeira de rodas

Un veciño do Incio que quedou en cadeira de rodas por mor dun accidente en 2011 reclama o pago dunha indemnización de 440.000 euros polos danos sufridos e as secuelas. O home, de 82 anos de idade, sostén que o contratempo se produciu ao ser atropelado por un tractor na parroquia da Cervela, pero a compañía de seguros pon en dúbida tal versión, cre que se trata dunha «montaxe» e atribúe as lesións a unha caída accidental desde un muro de 1,5 metros. Pola súa banda, o chofer do tractor non puido concretar se atropelou ou non á vítima.

A vista oral por estes feitos celebrouse onte no xulgado de Sarria, onde tamén compareceron peritos de ambas as partes con informes contraditorios.

O suceso ocorreu na tarde do 4 de xuño de 2011 na Cervela. A vítima declarou que paseaba por un camiño moi estreito cando viu achegarse o tractor que conducía M.L.G., que ía marcha atrás e cun rulo de herba. «Púxenme de lado para deixarlle máis espazo e colleume. Gritei: ‘Matáchesme' e loitei coa dor e a morte», manifestou o octoxenario, quen estivo hospitalizado durante cinco meses e precisa unha cadeira de rodas para poder desprazarse.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios