Un veciño de Castro rescata do río a un home que caeu co seu coche

Arcadio Ares muestra el lugar donde rescató al accidentado, cuyo coche se sumergió por completo. (Foto: José Ángel Díaz)
photo_camera Arcadio Ares muestra el lugar donde rescató al accidentado, cuyo coche se sumergió por completo. (Foto: José Ángel Díaz)

Arcadio Ares xamais esquecerá a mañá do xoves 5 de decembro, na que non dubidou en actuar ao ver a outra persoa en perigo. Pasaban as nove da mañá cando a súa filla lle advertiu de que ouvía uns berros. Acudiu inmediatamente a ver que pasaba e descubriu a un home loitando por manterse á boia, mentres o seu coche mergullábase lentamente nas frías augas do río Lea ao seu paso por Castro.

«Cando fun, o señor estaba de pé, agarrado á antena... Debía de estar apoiado na ventá, pola que logrou saír. Non sei nin como fixo», relatou Arcadio, que acudiu a un bar próximo para pedir unha corda e baixou á beira do río para lanzarlla a E.G.L, de 64 anos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios