jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Un taller inicia aos ponteses na creación audiovisual

O proxecto Vídeodinamizarte, dirixido polas mozas pontesas Sabela Pernas e Ana Seijo, porá en marcha, o vindeiro xoves 3 de outubro, un novo taller de videocreación dirixido, nesta ocasión, a maiores de 18 anos, que se prolongará ata o 19 de decembro.

Este experimento audiovisual e psicolóxico -o terceiro que se desenvolve nas Pontes, tras o proxecto Rotopala e o curso dirixido a prexubilados- celebrarase no centro sociocomunitario da localidade, situado na Avenida de Ferrol, e intentará achegar as novas tecnoloxías a aqueles interesados en expresar a súa creatividade a través do mundo audiovisual.

Consiga AQUÍ a información completa

Un taller inicia aos ponteses na creación audiovisual
Comentarios