Un soño, 44 anos de amargura

ELP2803P23F1-1.JPG
photo_camera ELP2803P23F1-1.JPG

Viviron unha mentira que se prolongou demasiado tempo. A pontesa Manuela Polo e a súa filla, María Jesús Cebrián, un bebé roubado nun hospital coruñés en 1968, se reeencontraron onte, logo de investigar durante anos. Mañá Manuela celebrará o seu «mellor aniversario», rodeada dos seus e da filla que lle quitaron.


mañá cumpre 80 anos e onte recibiu o mellor agasallo da súa vida, coñecer á súa filla logo de convivir 44 anos coa amargura de pensar que a perdeu nada máis nacer. Viviu nunha mentira todo este tempo, obrigada a chorar unha morte que nunca se produciu, entre enganos que a apartaron do seu bebé logo de sentir a súa forza e a súa man entre as súas, unhas mans que, agora máis grandes e con máis experiencia, volveron unirse, xa para non soltarse.

Manuela Polo, veciña das Pontes, é unha desas mulleres desgarradas pola historia de España, protagonista sen querelo, e incluso sen sabelo, dun escándolo rodeado de demasiados silencios e moitas sombras.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios