Un pontés cun ataque de tose encaixa o seu coche nunha oficina bancaria

Daños causados en la fachada de la oficina bancaria. (Foto: Marta Mancebo)
photo_camera Daños causados en la fachada de la oficina bancaria. (Foto: Marta Mancebo)

Un veciño das Pontes de mediana idade protagonizou onte pola mañá un aparatoso accidente de tráfico no centro urbano da localidade, no que só houbo que lamentar danos materiais, tanto no vehículo que el conducía como na fachada dunha oficina bancaria contra a que chocou.

Segundo informou a Policía Local das Pontes, o home explicou que sufrira un forte ataque de tose mentres conducía, o que lle fixo perder brevemente a noción de onde se atopaba e tamén o control do vehículo, co que saíra de casa para facer un recado.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios