Un plan diferente para cada día

Un grupo de jóvenes practicando surf en la playa de Esteiro. (JOSÉ Mª ÁLVEZ - AMA)
photo_camera Un grupo de jóvenes practicando surf en la playa de Esteiro. (JOSÉ Mª ÁLVEZ - AMA)

A auga cristalina é unha característica que fai destacar as praias de Xove, que conforman un dos atractivos turísticos do concello. Unhas son coñecidas polas súas boas condicións para a práctica de surf e outras por posuír as características necesarias para practicar deportes náuticos. E en ningunha delas falta a sensación de encontrarse nun pequeno paraíso, no que gozar do mar sen perder de vista a montaña, que vixía o litoral gardando tamén pequenos paraísos, nos que poder perderse.

A pesar das similitudes que poden encontrarse no litoral xovense, cada areal ten as súas propias características que o converten en especial e permiten ao municipio dispoñer de variedade á hora de elixir unha xornada de praia.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios