Un persoeiro de traballo calado e fonda pegada

POUCAS vilas coma Vilalba poden gabarse de contar con veciños a persoas como Pepe Apenela. Durante longos anos participou activamente en actividades sociais e culturais que tiveron lugar na comarca. Foi directivo da Sociedade Cultural e Recreativa, presidente da Cruz Vermella e concelleiro. Pero do que máis se gaba é de presidir desde hai máis de corenta anos a Fundación Hospital Asilo de Vilalba. Coa perspectiva deste último cargo viu pasar o acontecer diario da vila e da comarca a través dos homes e mulleres que atoparon acubillo na vella institución que iniciara a súa andaina en 1937. Canda el formaron parte do Padroado homes e mulleres que tamén deixaron o seu silencioso traballo en favor dos desfavorecidos en épocas de difíciles economías. E sobre todo contou co labor abnegado das relixiosas franciscanas que sempre estaban presentes, coma Pepe. Sempre poderemos velo aí, a carón dunha súa efixie que o perpetúa para recordo.

Comentarios