Un novo produto turístico invita a percorrer a costa de Ribadeo e Barreiros

Participantes en el famtrip con Arias, Fuente y Castiñeira (en el centro). (Foto: AMA)
photo_camera Participantes en el famtrip con Arias, Fuente y Castiñeira (en el centro). (Foto: AMA)

O acordo subscrito o pasado verán entre a Mancomunidade de Municipios da Mariña e a axencia especializada en viaxes organizadas Tee Travel deu como resultado un novo produto turístico sobre a comarca. A Ruta do Mar: escapada a pé A Mariña é unha proposta de sendeirismo que percorre a costa de Barreiros e Ribadeo durante tres días e que ten un custo de 113 euros por persoa.

O itinerario proposto empeza coa chegada a Ribadeo o primeiro día, unha segunda xornada para facer os 10 quilómetros entre a vila ribadense e Rinlo e o terceiro día para seguir desde Rinlo a Barreiros. O paquete inclúe dúas noites de aloxamento e almorzo, o traslado da equipaxe entre as etapas e asistencia as 24 horas. Ademais, propón descontos para nenos, familias e grupos e servizos opcionais.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios