Un morto e dous feridos en Sandiás na colisión dunha moto e un turismo

Un home faleceu esta tarde ao chocar a motocicleta que conducía contra un turismo no concello ourensán de Sandiás, un accidente no que tamén resultou ferido un menor e unha muller, informaron fontes de Tráfico e dos servizos de urxencia..

O suceso produciuse no quilómetro 203 da N526 sobre as 20:20 horas desta tarde. Consistiu na colisión dun coche e unha motocicleta, accidente tras o que faleceu o condutor deste último vehículo.

No sinistro tamén resultou ferido un menor, que presentaba contusións, do mesmo xeito que unha muller, ambos os trasladados á PAC de Xinzo de Limia.

Os servizos de urxencia trasladaron ao lugar dúas ambulancias asistenciais e un helicóptero.

Comentarios