Un morto nun choque entre dous camións en Punxín

O accidente produciuse na AG-53 ► O outro camioneiro resultou ileso

Unha persoa faleceu este mércores nun choque entre dous camións. O accidente tivo lugar na AG-53, ao seu paso polo concello ourensán de Punxín. En concreto, os feitos producíronse no quilómetro 80 da vía, en dirección Santiago.

O corpo da vítima quedou atrapado na cabina do seu camión. Foi excarcerado por un equipo dos Bombeiros do Carballiño. Segundo indicou o 112, o outro camioneiro resultou ileso.

Varias persoas chamaron ao 112 Galicia para dar a voz de alarma. A primeira delas fíxoo ás 16.30 horas.

O persoal da central de urxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, que decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén se informou desde o 112 aos Bombeiros do Carballiño e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios