Un mozo cumprirá 70 días de traballos sociais por conducir sen carné

Os axentes comprobaron que o mozo non tiña carné de conducir e que non o obtivo nunca

Un mozo de nacionalidade portuguesa, con iniciais L.M.S.M., aceptou onte unha condena de 70 días de traballos en beneficio da comunidade por conducir polo municipio de Carballedo a pesar de non ter carné.

Sobre as cinco e media da tarde do 9 de agosto de 2013, unha patrulla da Garda Civil deulle o alto no quilómetro 63 da Nacional 540 e os axentes comprobaron que o mozo non tiña carné de conducir e que non o obtivo nunca.

O mozo foi acusado dun delito contra a seguridade viaria e o ministerio fiscal solicitaba unha multa de 3.780 euros. Con todo, o condutor recoñeceu os feitos e chegou a un acordo coa Fiscalía, que cambiou a petición de multa por traballos sociais.

Comentarios