Un mestre da historia

Manuel de Montes (Foto: Toño Parga)
photo_camera Manuel de Montes (Foto: Toño Parga)

no lugar chantadino de Airoá, Pesqueiras, atópase unha das grandes testemuñas da historia. Describo así a Jesús Manuel, ‘Manuel de Montes’, pola súa longa traxectoria vital e por tódolos acontecementos e etapas vividos que a día de hoxe pode narrar dende a súa experiencia.

Quizais a memoria deste chantadino de 103 anos non se deteriore polo seu afán de exercitala día a día; non madruga demasiado e logo de repoñer forzas cunha contundente taza de sopas camiña para acto seguido ler tres xornais. Esta obsesión pola información chega a tal punto que non come ata que os ten lidos. Hai temas dos que prefire non falar, tal é o caso da Guerra Civil. Participou nas peores batallas, resultou ferido e regresou a Lugo, onde continuou traballando no campo con dous irmáns. Foi carteiro rural e edil en Chantada.

Está viúvo, ten dous fillos e un sobriño ao que lle quere como tal, e catro debilidades: os netos, cos que mostra unha gran empatía e mantén longas conversas. Tal e o cariño que este avó sinte por eles que vive nunha preocupación constante de que todos teñan traballo. Ademais, ten dous bisnetos e un en camiño.

Observador, de poucas palabras, prudente e partidario de meditar antes de tomar unha impulsiva decisión é un claro exemplo de voz da experiencia.

Comentarios