Un médico que atendeu a Teresa Romero: ''O traxe de seguridade estábame curto''

O médico que atendeu no Hospital de Alcorcón, Madrid, á enferma de ébola denunciou fallos no protocolo durante as 16 horas que a asistiu, entre eles que o traxe de protección, que tivo que porse mais de doce veces, estáballe pequeno: "as mangas quedábanme curtas en todo momento".

Nunha carta aos seus superiores que publican varios medios de comunicación, Juan Manuel Parra Ramírez, Facultativo Especialista de Área, detalla os pormenores da atención a Teresa Romero, a que asistiu desde as oito da mañá do día 6 ata as doce da noite, en que foi trasladada en ambulancia ata o hospital Carlos III.

O médico, que onte ingresou voluntariamente no Carlos III para someterse a vixilancia, denuncia, entre outros erros, que se decatou antes polos medios de comunicación que polo propio hospital que a enferma ingresada dera positivo en ébola.

Parra detalla a evolución e empeoramento da enferma desde que asume o seu coidado, ao entrar de garda en Urxencias ás oito da mañá do pasado luns, onde xa se activou o protocolo de actuación, e atopa a Teresa Romero en habitación de illamento, con baño, e unha habitación contigua con zona limpa para o emprego dos traxes.

O facultativo asume que é o único médico que se encargará de atendela, acompañado de persoal de enfermería, e prohibe o paso á habitación se el non entra nela.

Ante os síntomas da enferma, Juan Manuel Parra pide permiso para extraer unha mostra de sangue, e precisa que se necesitou "un tempo superior ao prudencial para a súa extracción". Ata entón, sinala, tanto el como o persoal de enfermería visten traxe de seguridade de primeiro nivel e el mesmo deu orde de cambiar de máscara.

Explica na carta que, ao redor das once da mañá, avisou do empeoramento de Teresa Romero, o que necesitou varias entradas no box de illamento, e "aínda que a primeira mostra é positiva non teño coñecemento dela directa salvo pola prensa".

Ás cinco da tarde é informado da positividad da auxiliar, "polo que se procede a emprego de 2º traxe de maior nivel facilitado por este hospital (as mangas quédanme curtas en todo momento)". A paciente -agrega- atópase con abundantes diarreas, vómitos, mialxias e febre de ata 38 graos.

"Volvo informar da necesidade urxente de traslado da paciente polo alto risco de complicación e inestabilidade" e o requirimento constante de atención, engade, e sinala que tanto el como o persoal encargado do coidado da enferma cumpren o protocolo asignado "e vixilancia mutua na retirada dos traxes de protección".

Parra afirma que volve decatarse da confirmación de positividad da paciente (o dobre positivo) antes polos medios de comunicación que polo hospital, que lle informou sobre as 19.00 horas, así como "de que se vai a proceder ao traslado da paciente", o que non ocorreu ata a medianoite.

Ata a chegada da ambulancia, o doutor que segue acudindo á habitación para atender á paciente. "En todo momento sigo avisando da súa situación e pídelleme continuar co labor clínico (cousa que non pensaba obviar)", indica.

O médico continuou coa súa actividade laboral e as medidas de observación na súa casa ata que onte á noite ingresou voluntariamente no hospital Carlos III, dado o seu contacto coa paciente, onde se atopa en observación.

Comentarios