O lucense Iago Lestegás, premio ao Mellor Mozo Investigador pola Unión de Xeógrafos Internacional

O arquitecto forma parte do agrupo de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela
Iago Lestegás
photo_camera Iago Lestegás

O arquitecto e investigador lucense Iago Lestegás, que forma parte do grupo de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de recibir o premio ao Mellor Mozo Investigador -concedido a menores de 35 anos- na última Reunión Anual da Comisión de Xeografía Urbana da Unión de Xeógrafos Internacional (UXI).

O congreso celebrouse entre os días 6 e 11 de agosto na cidade brasileira de Salvador de Bahía, baixo o título: Urban challenges in a complex world. Digital cities and spatial justice.

Iago Lestegás recibiu este premio polo artigo Lisbon's historic center: a real estate enclave in the periphery of the Eurozone, na que o autor fixo diversas achegas e reflexións sobre o impacto que está a ter o turismo de masas, entre outros axentes, no proceso de transformación que está a sufrir o centro histórico da capital lusa.

A temática dese artigo premiado, aclara a propia USC nun comunicado, está "estreitamente ligada coa tese doutoral que presentou o pasado mes de xuño na Universidade Mediterránea de Reggio Calabria (Italia)".

Comentarios