Un incendio en Vilalba arrasa 24 hectáreas de monte raso

O lume rexistrouse na parroquia de Vilapedre e xa está extinguido ► En Vilariño de Conso está controlado o que afecta a máis de 100 hectáreas

Un incendio declarado na parroquia vilalbesa de Vilapedre arrasou 24 hectáreas, segundo as primeiras estimacións da Consellería de Medio Rural. O lume quedou extinto no mediodía deste luns -sobre as 15.40 horas-. Nos labores de extinción traballaron 1 técnico, 3 axentes, 8 brigadas e 6 motobombas.

Os maiores problemas polos incendios seguen rexistrándose na provincia de Ourense. O de Vilariño de Conso, que afecta a unhas 119 hectáreas na parroquia de Castiñeira, está estabilizado desde a tarde deste luns, tras declararse o sábado pola noite. A alcaldesa do municipio ourensán, en declaracións á Radio Galega, mostrouse convencida de que fora intencionado.

Ademais, o incendio que afectaba á parroquia de Viña, en San Cristovo de Cea, foi dado por extinguido tras afectar a 38 hectáreas, segundo as últimas estimacións. 

Comentarios