Un incendio nun taller de Maceda calcina polo menos 4 vehículos e toda maquinaria do local

Un incendio rexistrado á primeira hora da mañá nun taller de Maceda calcinou varios vehículos que se achaban no seu interior, así como toda a maquinaria e a oficina.

Segundo os datos facilitados polo 112, o incendio iniciouse hoxe ás 8:34 horas, nun taller mecánico situado na avenida dos Milagros, en Maceda, e logrou ser sufocado ao redor das 11:00 horas.

Ata o lugar desprazáronse numerosos efectivos do Grumir de Maceda, Bombeiros de San Cibrao e tamén foi prealertada a Central de Incendios Forestais, que finalmente non interveu.

A causa do lume, arderon ademais das instalacións, polo menos dous turismos, un camión e un quad, aínda que puideron ser sacados os demais vehículos ao exterior.

"Perdemos toda unha vida", indicou a Efe a muller do dono, logo de comprobar como o negocio resultou calcinado na súa totalidade.

Nestes momentos, varias dotacións de Bombeiros mantéñense no punto, refrixerando a zona, co fin de evitar danos maiores.

Comentarios