Un imputado por un incendio forestal en Xermade

A Policía Autonómica imputou a cinco persoas como presuntas autoras de incendios forestais nas localidades ourensás de Boborás e Riós, en Rianxo (A Coruña), Vila de Cruces (Pontevedra) e en Xermade (Lugo).

Diso informa a Xunta a través dun comunicado, no que precisa que polo lume de Xermade —de 0,5 hectáreas de superficie rasa— foi detido un veciño das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) por un "incendio forestal" causada por unha "imprudencia grave". Segundo o comunicado, o incendiou orixinouse "por unha queima realizada de forma neglixente e sen adoptar as medidas de seguridade preceptivas".

Pola súa banda, cúlpase a un veciño de Ourense dun incendio que arrasou 1,9 hectáreas en Boborás (das que 1,5 eran de monte arboledo) por non adoptar "medidas de prevención" durante unha queima.

é un caso similar ao do veciño de Ríos que motivou que ardesen 0,68 hectáreas de monte raso; e ao de Vila de Cruces, onde se queimaron 0,25 hectáreas tamén de monte raso.

No caso do lume de Rianxo, arderon 100 metros cadrados (0,001 hectáreas de monte arboledo) nun incendio "accidental".

Comentarios