Un hotel para procurar o descanso da alma en Samos

ADE0101P100F1.JPG
photo_camera ADE0101P100F1.JPG

Á beira do río Sarria érguese inmenso o mosteiro de Samos nunha vila que é punto neurálxico no Camiño a Santiago. O cenobio, fundado no século VI, está habitado por unha comunidade de benedictos formada por quince monxes que traballan arreo para atender a xestión dun edificio declarado ben de interese cultural, así como a camiñantes e outras almas precisadas dun espazo de rutinas, tranquilidade, disciplina, estudo, oración ou paz interior.

É un lugar ideal para o anonimato e nel teñen descansado persoeiros como o falecido expresidente da Xunta Manuel Fraga ou o político Miguel Boyer. A lista é longa, pero o prior do mosteiro, o pai José Luis, mantense discreto. Como el mesmo di, «nosotros no queremos ser unas celebrities, aunque es importante que nos demos a conocer y que no nos vean como a unos señores raros».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios