Un hostaleiro de Meira habilita un hotel rural nunha casa de labranza

Javier Díaz, delante del futuro hotel rural de Meira. Teófilo López
photo_camera Javier Díaz, delante del futuro hotel rural de Meira. Teófilo López

O hostaleiro meirego Javier Díaz López, responsable da Parrillada O Pozo de Meira, atópase a medio camiño de ver cumprido o seu soño, converter unha antiga casa de labranza nun acolledor hotel rural.

«A casa foi comprada hai cinco anos, xa con vistas a este proxecto», recorda este empresario meirego, quen precisa que o citado inmoble localízase a apenas 800 metros do centro urbano de Meira, na estrada que une a vila co núcleo polense de Rioxoán e co municipio do Cádavo.

«O proxecto sobre o que traballamos é facer un hotel rural con dez habitacións», explica este hostaleiro meirego, que leva catro anos mergullado na rehabilitación desta antiga vivenda de grandes dimensións, que ten preto de 600 metros cadrados de superficie só no edificio principal, repartidos en dúas plantas e un ático. Conta, ademais, con outro atractivo, unha leira de grandes dimensións que se aproxima ás oito hectáreas de terreo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios