Un home de 74 anos falece ao envorcar o seu tractor en Caldas

O accidente agrícola produciuse no lugar da Igrexa
Así quedó el tractor accidentado en Caldas
photo_camera Así quedó el tractor accidentado en Caldas

Un septuaxenario faleceu este mércores en Caldas de Reis ao envorcar o tractor que conducía. O sinistro produciuse pouco antes das 19.30 horas no lugar da Igrexa. Ao parecer, quedou atrapado polo vehículo agrario e os esforzos dos efectivos sanitarios desprazados ata o lugar resultaron infrutuosos para salvar a súa vida.

Segundo informou o servizo de Urxenxias Sanitarias 061, a vítima, de iniciais M.L.G., tiña 74 anos. Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial e outra medicalizada.

Comentarios