Un home toma reféns nunha tenda en París e sospeitan que se trata do home que onte matou unha policía

Un home tomou como reféns a varias persoas -cinco, segundo varias fontes- nunha tenda na Porta de Vincennes, no leste de París, informou a televisión BFMTV, que apuntou que o autor podería ser a mesma persoa sospeitosa do asasinato dunha policía municipal onte. Confirmouse que hai un ferido. O establecemento en cuestión é un supermercado propiedade dun empresario de orixe xudía.

Comentarios