sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Un home falece ao despeñarse co seu coche en Navia

El coche accidentado (Foto: Victoria Rodríguez)
El coche accidentado (Foto: Victoria Rodríguez)

Un home faleceu ao despeñarse co seu coche en Navia de Suarna na noite de fin de ano.

O accidente produciuse, supostamente, antes da medianoite do día 31, aínda que a Garda Civil non localizou o cadáver ata preto das tres e media da madrugada do primeiro día do ano.

O home conducía pola estrada local de Navia a Moia para despedir o ano en casa duns familiares en Navallos, pero nunca chegou. Alarmada, a familia estivo a buscalo e ata a madrugada non atopou o coche, despeñado, ao pé dun precipicio duns trescentos metros.

O falecido é Rogelio Ruiz Pedrinaci, de 49 anos, quen residía en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona). Conducía un Mercedes E250, matrícula B-2277-TZ.

Un home falece ao despeñarse co seu coche en Navia
comentarios