Un home entra cun coitelo e un falso cóctel molotov no Banesto

La sucursal de Banesto, en Ribadeo. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera La sucursal de Banesto, en Ribadeo. (Foto: José Mª Álvez)

A Garda Civil detivo, á primeira hora da mañá de onte na oficina ribadense do banco Banesto, a un cliente da entidade que entrou na sucursal ameazando aos oficinistas cun coitelo de 35 centímetros e un falso cóctel molotov.

O suceso ocorreu cando a sucursal abriu as súas portas, pouco logo das oito e media da mañá. A pesar de que a entidade bancaria está nunha céntrica rúa peonil da vila, apenas houbo testemuñas do incidente, salvo algún cliente que se atopaba no interior do banco nese momento e varios veciños que almorzaban nun bar de en fronte, A Lira, que é o primeiro -ás oito- en abrir na zona cada mañá.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios