Un home de 37 anos, con iniciais F.I.D., resultou ferido de gravidade nunha espectacular colisión frontal entre dous vehículos nun accidente de circulación ocorrido onte pola tarde á altura do quilómetro 2 da estrada que une Rábade e Vilalba (LU-541), ao seu paso pola parroquia begontina de Saavedra.
O suceso ocorreu pouco logo das 19.30 horas. Segundo testemuñas presenciais, os dous turismos implicados circulaban pola citada vía en dirección a Rábade, cando o que ía diante, un Renault 5 con matrícula LU-6400-I, iniciou unha manobra para incorporarse a unha pista á esquerda.