Dous mortos e un ferido grave na sublevación rexistrada nun cuartel militar de Venezuela

Uns vinte homes dirixidos por un capitán retirado declaráronse en "rebeldía contra a tiranía asasina" e tomaron parte dun cuartel

Dous homes morreron e outro resultou gravemente ferido o asalto á Brigada 41 de Blindados do Batallón Paramacay, da cidade de Valencia, no centro-norte de Venezuela, segundo informou o comandante xeral do Exército de Venezuela, o maior xeral Jesús Suárez Chourio.

O maior xeral describiu o ocorrido como un ataque "terrorista, paramilitar, mercenario pagado pola dereita e os seus colaboradores, pagado polo imperio norteamericano, e aí están detidos, e foi dado de baixa un deles (morto), e outro que foi gravemente ferido".

"Un grupo de paramilitares que aproveitando as condicións do momento asaltáronnos, pero inmediatamente foron repelidos, foron derrotados e estamos aquí festexando o triunfo da patria", dixo o xefe militar nunha declaración pública acompañado dun batallón de oficiais.

O ataque produciuse a mañá deste domigno e foi dado a coñecer a través dun vídeo no que un grupo duns 20 homes vestidos de militares portando armas longas acompañan a un portavoz que se identifica como "capitán Juan Caguaripano" e "comandante da operación David Carabobo".

Unha fonte militar indicou a Efe que polo menos dez dos 20 insurrectos foran detidos e que eles tres son oficiais de tropa, de baixo rango: un sarxento da reserva de paracaidistas, un tenente que desertou hai tres meses da FANB, un membro da Milicia (civís armados), e cinco son civís.

"Pero nos atoparon como un só puño, un só carballo, unidos pola patriak 7, atopáronnos así, e a canalla novamente foi derrotada, recorden que a patria queren estar en paz, recorden que ao FANB é a patria tamén", dixo o comandante do Exército desde unha sede militar.

Suárez Chourio sostén que o ocorrido alí non foi un alzamento militar, senón "un ataque terrorista", e que a única "insurxencia da patria" ocorreu fai 25 anos e medio, cando o falecido presidente Hugo Chávez saltou á palestra dirixindo un errado golpe de estado que deixo máis de 30 mortos, e ao líder preso.

En Venezuela rexístrase desde o 1 de abril unha serie de manifestacións a favor e en contra do Goberno, que xa deixan máis de 120 mortos, situación que se agudizou desde a elección da Asemblea Constituínte, na que a oposición non participou por considerar o proceso fraudulento.



Comentarios