Un grupo de pais do Ceip Cervo denuncia que se impide consultar sobre a xornada única

Concentración de padres, en el Ceip Cervo. (Foto: Antonio López)
photo_camera Concentración de padres, en el Ceip Cervo. (Foto: Antonio López)

Os pais do Ceip Cervo afectados polo decreto de comedores denuncian que o consello escolar bloqueou a posibilidade de consultar aos pais sobre a implantación da xornada única no colexio. «O centro iniciou o proceso para que a totalidade das nais e pais foran consultadas e, unha vez aprobado no claustro, someteuse a votación no consello escolar e non prosperou por cinco votos en contra e un en branco».

Os denunciantes ven «sorprendente» que «cinco pais e nais e unha representante do Concello impidan co seu voto que a vontade do resto de nais e pais se manifeste, provocando unha deficiente representación democrática, impondo o seu criterio ao resto».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios