ASTURIAS. Un golpe de mar arrastra a unha nena de 20 meses en Navia

A pequena atopábase co seu pai e outro adulto na prata de Frejulfe cando unha onda lla levou pasadas as 17:00 horas. Nestes momentos un helicóptero e Salvamento Marítimo,na embarcación Salvamar Capella, tratan de dar con ela

Un golpe de mar arrastrou a unha nena de vinte meses cando se atopaba co seu pai e outro adulto na praia de Frejulfe, no concello asturiano de Navia, segundo informaron a Efe fontes do Servizo de Urxencias (Saiba) e de Salvamento Marítimo.

Foron os familiares da pequena os que deron aviso ao 112 pasadas as 17:00 horas, coincidindo coa preamar, no que alertaban de que un golpe de mar arrastrara á nena.

O Saiba mobilizou un helicóptero e Salvamento Marítimo a embarcación Salvamar Capella, que están a rastrexar a zona.

Asturias atópase este luns en aviso laranxa por fenómenos costeiros e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) anuncia alerta vermella a partir das 21:00 horas por unha previsión de ondas de ata oito metros.

Comentarios