Un galego necesario, 25 anos despois

Candia (centro), ayer con los alcaldes de Baralla y Cospeito.
photo_camera Candia (centro), ayer con los alcaldes de Baralla y Cospeito.

Guitiriz foi onte unha festa ao unir nunha soa cita dúas celebracións diferentes, pero vencelladas entre si. Conmemoráronse os 25 anos da unión veciñal fronte ao Casón e homenaxeouse a Alfonso Branco, un dos artífices daquela rebelión pacífica.

Alfonso recibía onte no transcurso dunha comida no restaurante La Casilla, rodeado de preto de 300 persoas entre veciños, representantes políticos e amigos do mundo da cultura, a distinción de Veciño Necesario, un título que os presentes converteron en «Galego Necesario» porque, «Alfonso, o que as fai, págaas», como bromeaba Xosé Manuel Carballo Ferreiro, quen tamén o nomeou «Pastor de Honra».

«Pertence aos homes imprescindibles, aos que loitan toda a vida, tan válida coma hai 25 anos é hoxe a súa coraxe», dicía Marica Campo sobre Alfonso, ao tempo que recuperaba o ocorrido co Casón para reclamar unha lexislación «que protexa as costas». 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios