Un espazo para a memoria

Novo en una misión.
photo_camera Novo en una misión.

Este domingo cúmprense dez anos do falecemento do comandante Antonio Novo Ferreiro, natural da parroquia dos Vilares, ao que se lle rendía homenaxe en Guitiriz cun monólito no Campo da Feira. Os vándalos esnaquizárono e a súa familia insiste en que se repoña para que permaneza vivo o seu recordo.

son pequenos espazos, apenas uns trocitos de terra xunto a un paseo ao pé da igrexa de Santa María de Guitiriz, pero o seu significado é enorme para aqueles que identifican unha pedra e o nome gravado nela cunha persoa, un sentimento de agarimo... e tamén de ausencia.

Ese foi o lugar escollido para homenaxear aos militares Antonio Novo -falecido en maio de 2003 no accidente do Iac42 xunto a 61 compañeiros, cando volvían de Afganistán- e Ángel Estraviz -falecido en xaneiro de 2007 nun accidente de helicóptero en Navarra- con senllos monólitos. Do primeiro, non quedan nin os restos. O segundo está case enteiro, pero tampouco escapou ao interese dos vándalos. Tamén se plantaron varias árbores que xa son historia.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios