Un empresario pide licenza para construír na zona de Betote unha área de servizo

Un empresario proxecta construír en Sarria unha nova área de servizo, que se situaría en Betote, xunto á rotonda de acceso ao corredor, e contaría con gasolineira, café-bar, restaurante, tenda e boxes de lavado.

O promotor, con domicilio social en Guntín, xa solicitou licenza municipal no Concello de Sarria, onde o proxecto se atopa a exposición pública para a presentación de alegacións en cumprimento dos trámites que marca a lei.

ORZAMENTO
O custo da obra estímase nuns 406.000 euros

O proxecto para o cal se solicita licenza nesta primeira fase ten un custo de execución calculado en preto de 406.000 euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios