Un emocionado Manuel Lourenzo deu o pregón da feira do libro de Foz

Mar Vázquez (izquierda), Javier Castiñeira, Manuel Lourenzo y Celia Fernández. (Foto: Antonio López)
photo_camera Mar Vázquez (izquierda), Javier Castiñeira, Manuel Lourenzo y Celia Fernández. (Foto: Antonio López)

A feira do libro de Foz abriu onte as súas portas coa lectura do pregón a cargo do actor e dramaturgo Manuel Lourenzo. Visiblemente emocionado, Lourenzo recordou a súa época de veraneante na localidade mariñá e relatou algunhas anécdotas da súa infancia que definiu como «ligada a Foz desde sempre».

O actor, natural do Valadouro, comparou durante o seu discurso un pasado literario ligado á censura e fortemente limitado «polos temas relixiosos que, en ocasións, tornaban perigosas certas lecturas» cun presente caracterizado polo «forte analfabetismo derivado das formas de vida actuais». Emocionado definiu o libro como unha oportunidade de resistencia, «de progreso, de memoria e incluso de futuro».

VIVEIRO
Boa resposta do numeroso público asistente

A décimo sétima feira do libro de Viveiro pechou con moita afluencia e boa resposta do público asistente, que adquiriu exemplares na medida das súas posibilidades, segundo indicou a directora, María del Carmen Lage. O desconto do 10% contribuíu a animar as compras na cita vivariense, que tivo lugar durante catro días nos xardíns Noriega Varela da cidade, onde houbo gran animación, debido tamén ás presentacións e firmas de libros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios