Un envurullo a catro bandas

O accidente que ocorreu na terceira Festa do Motor embazou un evento que un grupo de mozos, integrados na asociación Forza Rácing Viveiro, creara no 2010 e visto crecer ata reunir a preto de 3.000 persoas. «Síntome mal por todo o que pasou, porque o fixen para que a xente o pasase ben», comentaba a este diario o responsable, Jorge Sierra, que tras explicar a súa versión hai tres días garda silencio absoluto. Non ten un papel fácil o organizador, ao que contradin a Federación Galega de Automobilismo e a moza que arroiou aos sete feridos. Con todo Sierra ten o apoio do Concello, colaborador da cita, que respondeu á intención de demanda da federación cunha réplica do mesmo calibre. Estes catro actores defenden puntos contraditorios, cuxa resolución se verá nos xulgados, tendo en conta que todos eles deixaron o asunto en mans dos seus avogados.

Unha das claves é aclarar todas as incógnitas ao redor da participación da moza que conducía o BMW, no que tamén ía como copiloto a súa parella. O organizador manifestou que non estaban inscritos: «O rapaz pediume podíanse facer un pouco de exhibición, pois querían darse a coñecer e confiei neles», lamenta, aínda que recoñecía non saber quen eran nin ter ningún contacto seu en días posteriores. Sucedeu o accidente ao redor das seis e media, nun tempo de descanso cando xa terminara a primeira manga oficial da exhibición de slalom. No cartel non constaba ningunha actividade entre a primeira e a segunda manga.

A versión da moza é radicalmente oposta.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios