miércoles. 23.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 23.10.2019
El tiempo

Un deseño de David Catá ilustrará o cartel da Festa da Pescada de Celeiro

Presentación del cartel ganador, en la Praza do Náufrago. ANTÍA
Presentación del cartel ganador, en la Praza do Náufrago. ANTÍA

Un deseño do vivariense David Rodríguez Casas, ‘Catá', resultou gañador do terceiro concurso de carteis convocado pola asociación Penalba-Colectivo Chilindrín co obxectivo de promocionar a décimo quinta edición da Festa da Pescada de Celeiro, que terá lugar na lonxa antiga o próximo día 7 de xullo, a partir das 21.00 horas.

O presidente do colectivo, Bernardo Fraga, destacou a elevada participación que se rexistrou no certame con respecto ao exercicio pasado, dado que se presentaron 23 obras, o que supón multiplicar por catro o número de traballos que optaron ao premio. A asociación agradece o envío dos proxectos para o cartel, que ten como finalidade «difundir a festa de exaltación deste produto típico do porto de Celeiro», subliñou.

Consiga AQUÍ a información completa

Un deseño de David Catá ilustrará o cartel da Festa da Pescada de...
Comentarios