Un concurso en Riotorto premia ao que atine onde deposicionará unha vaca

A comisión de festas de San Cristóbal dará 3.000 euros ao dono da rifa que conteña o número de parcela do campo de fútbol no que deposite unha boñiga o animal
Fotomontaje con los miembros de la comisión de fiestas de Riotorto
photo_camera Fotomontaje con los miembros de la comisión de fiestas de Riotorto

Os cinco membros da comisión organizadora da festa de San Cristóbal, en Riotorto, tiveron unha idea xenial para recadar fondos que lles está saíndo á perfección. Dividiron o campo de fútbol da localidade en 7.000 parcelas e a cada unha asignáronlle unha rifa.

O día 20 de maio soltarán unha vaca no campo de fútbol e esperarán a que solte a súa primeira deposición. O dono da rifa co número da parcela no que caia a boñiga da vaca levará nada menos que 3.000 euros. A estas rifas denomináronas 'A caca da vaca' e están a se converter en todo un fenómeno social en Riotorto e A Pontenova.


No caso de que a vaca non senta a chamada da natureza, haberá un sorteo ao uso 
"porque o premio vaise dar si ou si"


Sexa como sexa, o día 20 promete ser unha auténtica festa e así o expoñen os membros da comisión: Pablo, Generoso, Yago, Iván e David.

O primeiro deles, Pablo Pomar, conta que a idea lles xurdiu porque necesitaban conseguir diñeiro para a festa, así que con axuda dun topógrafo dividiron o campo de fútbol en parcelas idénticas: "Son cen metros de longo por setenta de ancho, así que é fácil, son sete mil parcelas. Démoslles un número e unha letra e a cada unha correspóndelle unha destas rifas".

O éxito da proposta foi abafador e aínda que aínda non recolleron as que deixaron a vender nos bares, Pablo di que "coas que fomos vendendo nós por aí foinos moi ben, a verdade, vendéronse moitas".

Iso si, di que nalgúns casos era necesario explicar como é a mecánica "porque moita xente non o entendía e se non se aclaraban ben, ó mellor pensaban calquer outra cousa".

PROCEDEMENTO. Está xa todo calculado de face ao día 20. Soltarán a vaca ás sete da tarde e en principio estará solta ata as dez da noite. No caso de que non senta a chamada da natureza, haberá un sorteo ao uso "porque o premio vaise dar si ou si", aclara Pablo Pomar, que di que logo haberá un prazo de trinta días para reclamar o premio, no caso de que o propietario da rifa non estea presente.

"Aínda que esperamos que veña xente, porque poñeremos un bar para recadar fondos e haberá música cun picadiscos", comenta, á vez que recoñece ser consciente de que "moita xente comprou a rifa sen ser de Riotorto, ou ese día estará fóra e non vai poder vir, así que poden estar tranquilos porque levarán igual o premio".

Comentarios