Un centenar de propietarios de Barreiros leva unha década sen darse de alta no catastro

Alfonso Fuente. Foto: AMA
photo_camera Alfonso Fuente. Foto: AMA

Máis de cen propietarios de vivendas unifamiliares, construídas fai máis dunha década na localidade barreirense, seguen sen estar dados de alta no catastro e polo tanto, sen abonar o principal gravame que recada un Concello, como é o do Imposto de Bens Inmobles (Ibi). O Boletín Oficial do Estado anunciou onte que o municipio é o único da xerencia territorial de Lugo no que se regularizará a situación catastral, tal e como lle solicitou ao Estado o ente municipal, ao detectar, varias irregularidades nunha revisión realizada o ano pasado.

«Detectamos que había casas e garaxes, construídos na pasada década dos noventa, sen estar dadas de alta, así que enviamos 200 cartas aos seus propietarios para informarlles, nas que superpusimos un plano do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas (Sixpac), sobre planos do catastro», matiza o rexedor, o popular Alfonso Fuente. «Nalgúns casos, aínda que non constaban rexistrados, chegábanlles os recibos do Ibi e pagábanos, pero había outros sen dar de alta», precisa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios