Un caso que non se repetirá

Solar en el que estaba la casa derrumbada, en la calle Eijo Garay. (Foto: Antonio López)
photo_camera Solar en el que estaba la casa derrumbada, en la calle Eijo Garay. (Foto: Antonio López)

O alcalde de Burela, José María González Barcia, asegura que non hai concedida ningunha licenza para actuar en inmobles que coa entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pasen a estar protexidos. Deste xeito, non se repetirá a situación que se produciu esta semana coa derriba dunha vivenda na rúa Eijo Garay, que de producirse coa entrada en vigor do documento non estaría permitido.

Os traballos para o derrube do inmoble iniciáronse xa a semana pasada e as máquinas continúan traballando no solar para deixalo libre de cascallos. A pesar de que a casa era un exemplo característico da arquitectura civil da localidade non puido salvarse da derriba, porque non formaba parte do inventariado xeral de Patrimonio, polo que desde a Xunta non puideron actuar.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios