a ningúen lle sorprendeu velo interpretar ao Bruxo da primeira Festa da Queimada de Cervo. Porque Fernando Blas ‘Nando’ é un auténtico meigo. A súa maxia ferve nos fogóns da Pousada O Almacén que el mesmo remodelou, convertendo a casa de comidas dos seus pais, Isabel e Rafael, no primeiro establecemento de turismo rural de Galicia. O seu carisma derivou de forma natural nun líder real, un home que levou ao límite a palabra asociacionismo. Os primeiros pasos da asociación cultural Airiños do Xunco, da Festa da Queimada ou da Sociedade Deportiva Cervo-Sargadelos levan o seu nome. Promotor do Club Balonmán Costa Lucense, presidente da Tuna de Santiago, nomeado Queimador Maior de Galicia… este gaiteiro diplomado en Maxisterio sempre ten algunha idea paseando polo seu privilexiado maxín. Hoxe en día, Nando agóchase entre as paredes da cociña do Almacén, onde goza como un neno, especialmente preparando pratos de caza. E aínda que non se lle ve, a súa presenza nótase a cada bocado. Nando ten o aspecto e a forza dun guerreiro celta que permanece na reserva, agardando a batalla, coas únicas armas da intelixencia, a iniciativa e o altruísmo.
Procura
Máis en Novas
Novas
España vive temperaturas baixo cero mentres que Galicia afronta unha xornada de transición
Redacción
23/abr./24 18:21
Novas
Dani González asinou un hat trick para apertar ao Outeiro na clasificación
Redacción
21/abr./24 22:46
Xogador do Folgueiro
Óscar Pérez Meitín marcou de penalti e no desconto para lograr a vitoria
Redacción
21/abr./24 22:10
Dianteiro do Paradela
Juan Manuel Silva, responsable dun hat trick na goleada ao Quiroga
Redacción
21/abr./24 21:30
Comentarios