domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

Un amante do deporte que naceu en Galicia e residiu nas Pontes

La última vez que fue visto, Ignacio Echeverría se encontraba en el puente de Londres
La última vez que fue visto, Ignacio Echeverría se encontraba en el puente de Londres
Ignacio Echeverría estivo catro días desaparecido desde o que o viron defender co seu monopatín a unha muller que estaba a ser acoitelada na ponte de Londres ►Estudou na localidade coruñesa, coa que polo menos un dos seus irmáns mantén vínculos

Ignacio Echeverría, cuxa morte nos atentados de Londres se confirmou este mércores, naceu en Galicia e residiu na localidade das Pontes durante varios anos. Echeverría, que naceu nun hospital ferrolán fai 39 anos, fixo preescolar na gardería A Paz e cursou parte da EGB no colexio A Madalena da localidade coruñesa, onde se trasladou a súa familia por cuestións laborais. O seu pai, Joaquín, era empregado de Endesa, empresa que anos despois lle daría un novo destino en Madrid, onde está instalada a familia na actualidade.

Polo menos un dos irmáns maiores de Ignacio mantén a día de hoxe certo vínculo coa vila coruñesa, pois visitouna nalgunhas ocasións desde que partisen todos a Las Rozas. O Concello das Pontes emitía este luns un comunicado anunciando unha concentración silenciosa en apoio ás vítimas no que recorda que a familia Echeverría "era unha familia numerosa moi coñecida na vila" que "deixou un grato recordo". 

Echeverría non levaba documentación no momento do ataque. 

Echeverría, practicando skateFoi visto por última vez na ponte de Londres. O home, veciño de Madrid, estivera patinando -o skate é a súa gran paixón- cerca do lugar dun dos atentados con varios amigos cando presenciou como un atacante se abalanzaba contra unha muller. "Nese momento tirouse da bicicleta e golpeou ao agresor cun monopatín mentres outros dous o agredían por detrás e quedou tendido no chan. Foi un valente; encerellouse para salvar á muller", di a familia.


Un amante do deporte que naceu en Galicia e residiu nas Pontes
comentarios