Un albanel ferido tras caer dunha estada en Cuntis

O home traballaba nunha casa situada no lugar de Sobrada

Un albanel resultou ferido este martes tras caer dunha estada en Cuntis. O suceso ocorreu ao redor das 17.00 horas, cando traballaba nunha casa situada no lugar de Sobrada. A vítima recibiu asistencia médica e incluso foi trasladada a un centro médico de referencia.

CELANOVA E VIGO. Na tarde deste martes foron varios os accidentes laborais que se rexistraron en Galicia. Así, tamén sobre a mesma hora, un operario sufriu lesións nun pé ao pasarlle por enriba unha máquina nun almacén de material de construción situado á beira da estrada de Casasoá, en Celanova (Ourense).

Por outra banda, en Vigo, outro traballador caeu dunha altura de metro e medio e os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos servizos médicos de urxencia.

Comentarios